Comenzo
Resultados
Clasificación
Parrilla de resultados
Programa por equipo
Calendario
Gráficos
Estadísticas
Menú principal
Comenzo
Buscar
Plantilla
Chat
Galería
Foro
Copa da Costa
2010
2009
2008
2007

No chat non hai ninguen

Enquisas
Crees que manteremos a categoría
 
Formulario de acceso





Recuperar a chave?
Victoria C.F. 1 - Sporting Zas 0 PDF Imprimir Correo-e
15/11/2010
Zas: Luis de la Peña, Juanillo, Pichín, Jorge, Dani, Churi, Javi Mancebo, Rubio, Javi Suárez, Peque, Juan (Iván Rojo, min.60).

Bo partido do Sporting Zas fronte ó Victoria sen sorte de cara ó gol. Peque tivo un par de ocasións claras pero non foi quen de materializar. 
 
¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ CAMPIÓNS CAMPIÓNS CAMPIÓNS CAMPIÓNS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! PDF Imprimir Correo-e
10/05/2010
O Sporting gaña por 0 - 10 ó Monte Louro e consigue a Liga da Costa 2009/2010.
Teredes máis novas...................................... que agora non podemos escribir coa emición.


¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ FORZA SPORTING !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
 
O Sporting eliminado da Copa fronte ó Malpica PDF Imprimir Correo-e
09/05/2010

O Sporting queda eliminado da Copa da Costa fronte ó Malpica logo de perder na casa por un 1-3.

 
Sporting Zas 3 - Vimianzo 4 PDF Imprimir Correo-e
03/05/2010
O sporting Zas non foi quen de gañar no seu feudo fronte a un Vimianzo práctico.zasVimianzo.jpg

Adiantáronse os de Felipe no minuto 4 con un gol de Rubio con un remate cruzado que o garda mallas do Vimianzo non puido deter. Xa no minuto 30, David mandou o balón ó fondo da portería con un remate de cabeza. Ó fío do descanso, Javi, logrou o tanto do Vimianzo con un gol de cabeza que non puido deter Norberto.

Ó comezar a segunda metade, no minuto 50, o Vimianzo cometeu penalti logo dunha man dun defensa. O penalti foi materializado por Jorge que poría o 3-1 no marcador.

A partir de ese momento, o Zas con clara vantaxe no marcador, foi sorprendido á contra unha e outra vez polo Vimianzo, que lograría darlle a volta ó marcador con tantos de Aran no minuto 52, Javi no minuto 70 de Pioto no minuto 75.

Este resultado negativo, obriga ó Zas a gañar na última xornada fronte ó Monte Louro si quere gañar a Liga da Costa.
 
Baio 2 - Sporting Zas 2 PDF Imprimir Correo-e
26/04/2010
BaioZas.gifAbriu moi cedo o marcador o conxunto adestrado por Tono. O arbitro pitaría penalti de Julián sobre MC logo de que este recollera un pase interior do canteirano Canay. Alberto non fallou dende os once metros. O resultado era moi negativo para un Sporting que a partir de entón, volcaríase sobre a portería rival. Navarro e David estrelarían o balón na madeira, mentres que Braulio e Rubio pecaron de falta de puntería. Tivo que ser Navarro o que tras unha falta lateral firmase as táboas.

Xa no segundo acto, o Sporting continuou a súa ofensiva sobre a portería rival. No minuto 60 chegaría o o tanto con que os de Felipe voltearían o marcador grazas ó tanto de Mario.
O Baio parecía tocado pero pouco despois igualaría o marcador con un tanto de Martín.
 
Sporting Zas 3 - Castriz 0 PDF Imprimir Correo-e
19/04/2010
Zas_Castriz.jpg
O Sporting Consigue unha vitoria moi importante fronte ó Castriz por un contundente  3-0. Este resultado deixa ó Xallas a 5 puntos xa que este perdeu a domicilio fronte ó Sofan.

Na primeira parte o partido estivo moi igualado con oportunidades para o Zas e o Castriz. As máis claras foron para os visitantes con un remate o longueiro dende fora da área.

Na segunda parte, o Zas, a pesares de comezar con pouca intensidade, foi controlando pouco a pouco o partido e no minuto 65, Luís de falta directa consegue poñer ó Sporting por diante no marcador. Xa no minuto 72 era de novo Julián quen batía de novo o garda-mallas visitante, logo dun saque de falta maxistral. Remataba a conta goleadora Braulio, quen no minuto 81, poría o definitivo 3 - 0, con un remate raxo e colocado dentro da área.

Xa faltan menos xornadas e aumenta as posibilidades de gañar a liga. Cabe destacar a incorporación no banco de xogadores xuvenís que outorgou a oportunidade de debutar a Ismael no minuto 80.
 
O penalti PDF Imprimir Correo-e
12/04/2010
 
Xallas 0 - Sporting Zas 1 PDF Imprimir Correo-e
12/04/2010
Sin_t_iacute_tulo_1.jpgO Sporting Zas gaña no feudo do Xallas e depende de si mesmo para gañar a liga.

Os dous equipos tentaron levar o control do partido no medio do campo sen conseguilo. No primeiro tempo, Ventura (min. 23) estragou unha oportunidade clara fronte a Norberto que despexou sen problemas. Polo Zas, Rubio culminou unha xenial xogada entrando pola banda, pero non houbo rematador. Tamén Julián o intentou con un lanzamento de falta.

No segundo tempo, no minuto 60 chegaría a xogada do penalti a Navarro que foi moi protestada polos locais. O lanzamento da pena máxima foi executada por Jorge no que se convertería no 0 a 1 final.

O Xallas tivo varias ocasións de gol que foron o rexeitadas pola madeira.



 
O Sporting Zas perde o liderato fronte ó Camariñas PDF Imprimir Correo-e
29/03/2010

O sporting non pasou do empate sen goles ante un Camariñas que recuperou as boas sensacións.

Os de Papi incluso dispuseron de oportunidades para levarse os tres puntos no feudo do ata onte primeiro clasificado da categoría.

Os locais, que xa suman tres xornadas seguidas sin gañar, tiveron unha soa oportunidade en todo o partido, pero Braulio, perdiu a partida no man a man co gardamallas Rubén.

Polo Camariñas, perdoaron Javi - con unha vaselina ó largueiro - e Brais.

O obxectivo dos de Felipe é recuperar efectivos para a cita fronte o Xallas na próxima xornada.

 
Muros 2 - Sporting Zas 1 PDF Imprimir Correo-e
23/03/2010
O encontro comezou con moita intensidade e cos dous equipos moi enchufados, pero sería Kiko o que poría ó Zas por diante no marcador no minuto 25 da primeira parte, logo de cazar un rechace na área.

O que parecía ser outro partido descansado para o conxunto de Felipe Solís, cambiaría de signo tras a reanudación do segundo período, con un penalti sinalado a favor do cadro local. Sexo transformaba o tanto que metía ós seus no encontro. Os visitantes reclamaron un penalti sobre Braulio, pero o colexiado non sinalou nada e sería de novo o Muros, no minuto 80, o que anotaría o definitivo 2-1 por mediación de Pesco, que remataba a gol unha falta peiteada  á veira da área defendida por o garda mallas visitante, Norberto.

Con este resultado, o actual líder da liga ve como os seus perseguidores lle recortan puntos na táboa clasificatoria, con un Xallas que, tras a súa vitoria por 3-0 fronte ó Fisterra, colócase soamente a un punto do Sporting.

A emoción esta asegurada para as últimas xornadas de liga.

Goles: 0-1 min. 27 Kiko, 1-1 min. 69 Sexo (de penalti), 2-1 min. 80 Pesco.

 
Sporting Zas 1 Lira C.F. 1 PDF Imprimir Correo-e
15/03/2010
DSC_0115p.jpgO Zas non consigue pasar do empate na casa fronte ó colista da liga da costa.

Os visitantes aguantaron durante a primeira parte as acometidas dos de Felipe e poríanse por diante do marcador ó fio do descando con un gol de cabeza de Patachin no minuto 43.

Na reanudación, o Zas, coa entrada de Braulio e Mario, volcouse sobor da meta defendida por Quique, que acabaría expulsado por dobre cartón amarelo. Despois de varias oportunidades de gol, no minuto 60 Navarro poría o empate no marcador augurando unha remontada que ó final non chegou.

A pesares do empate, o conxunto local mantense a catro puntos do Xallas logo de empatar a domicilio fronte ó Malpica.

Goles: 0-1, min. 43 Patachin, 1-1, min. 63 Navarro
 
O pindo 0 Sporting Zas 3 PDF Imprimir Correo-e
08/03/2010
O Sporging Zas gaña a domicilio ó Pindo por un contundente 0 - 3.

Goles: 0-1, min.12: Navarro; 0-2, min. 45: Rubio de penalti; 0-3, min. 85: Pereiro
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 13 de 75