|
|

|
29/05/2009
443.000 € do fondo estatal para Zas
O fondo estatal destinou ó Concello de Zas 443.000 € para acometer diversas obras.
Parte do orzamento destinarase á recuperación ambienal do rio de zas cun importe de máis de 200.000 €.
Para pavimentación e acceso ós núcleos de Gomaris e Penedo destinaranse 69.000 €. Outra parte do orzamento destinarase á pavimentación e accesos nas parroquias de Muiño e Carreira que se eleva a 108.000 €.
Tamen se faran as veiraruas da Ara dos Cregos con 64.000 €.
Os municipios da Costa da Morte recibiran un total de 21 millons de euros do fond estatal que seran destinados a obras. |
|
|
|
27/04/2009
Aí vén o Maio de letras cuberto!
Programa do Mes das Letras de Zas
I Concurso de Marcapáxinas
A Biblioteca Municipal, con motivo da celebración das Letras Galegas, o concello convoca este concurso no que poden participar todos os alumnos dos centros de ensino do Concello así como os adultos. Mañá falaremos das bases.
Exposición
Estará aberta do 4 ao 28 de maio a Exposición “Prestige, crónica negra dun modelo enerxético insostible”, no Centro Socio-cultural de 10.00 h a 14.00 h.
Actividades diarias
8 de maio
Obradoiro “O proceso de ilustración dun libro” será o 8 de maio a cargo de Marisa Irimia, dirixido aos alumnos de primaria dos colexios de Zas (10.00 h) e Baio (11.30 h).
12 de maio
O 12 de maio, terá lugar unha sesión de Contacontos, a cargo da Compañía do Trinke Trinke, na Biblioteca Municipal (18.00 h).
13 de maio
O 13 de maio, chega Mago Pablo (Titirimaxia) no Auditorio de Baio (11.00 h), e Cayetano Lledó (Titirimaxia) no Auditorio do Concello (11.00 h).
14 de maio
Sesión de Contacontos, “ Os Contos De Pablísimo”, a cargo de San & saN na Biblioteca municipal (18.00 h).
15 de maio
"Babiliglub”, teatro para os máis pequenos, a cargo do grupo Galitoon (Titirimaxia), dirixido aos alumnos da Galescola e educación infantil dos colexios de Zas e Baio. No Auditorio do Concello (11.00 h).
17 de maio
Entrega de Premios do Concurso de Marcapáxinas, no Centro Socio-cultural (18.00 h).
Foliada Tradicional, coa participación do Grupo Churía e Merenda Saudable (18.30 h).
19 de maio
Talía Teatro “Palabras Encadeadas”, dirixida aos alumnos de secundaria dos centros de Zas e Baio. No Auditorio de Baio (12.00 h).
26 de maio
Sesión de Contacontos, a cargo da Compañía do Trinke Trinke, na Biblioteca Municipal (18.00 h).
|
|
|
|
26/02/2009
CEA DE CARITAS EN ZAS
O polideportivo de Zas acollerá mañá venres un acto con máis de 600 persoas
A agrupación de Cáritas xa programou a cea anual para recadar fondos destinados a senllos proxectos solidarios en terras americanas.
Celebrarase mañá venres no polideportivo de Zas, onde se espera a máis de 600 persoas. O presidente de Cáritas de Soneira, Manuel Baña Lema, explicou onte que xa están anotadas unhas 580, cifra que probablemente crecerá. O acto comezará ás 21.00 horas, e a entrada custa 15 euros. Os comensais degustarán arroz con champiñones, bacallau á galega, pan, viño e auga, ademais da sobremesa e o café. Ademais dos alimentos, haberá baile ao final, cun dúo e un grupo acompañante.
Coa de mañá, será a segunda ocasión na que Cáritas de Soneira (agrupa 16 parroquias de Cabana, Vimianzo e Zas) celebre a súa cea na capital zasense. As catro edicións anteriores, a cita tivo a súa base en Baio.
Os fondos que se recaden destinaranse a un proxecto en Chimbote, en Perú. Unha localidade na que se financia un comedor escolar e outras instalacións para axudar aos nenos. Membros de Cáritas xa viaxaron ata Perú en varias ocasións para coñecer sobre o terreo en que se inviste o diñeiro recadado, e está previsto que o volvan a facer o día 20 do próximo mes de marzo. Baña sinala que este tipo de viaxes os paga cada persoa do seu propio peto, e nunca se empregan fondos logrados coas doazóns ou as ceas.
|
|
|
|
26/02/2009
A peaxe é culpa dos outros

En resumo, que seguiremos pagando a peaxe.:
Cando parecía que a Costa da Morte xa daba por perdida a batalla contra a peaxe, os partidos políticos que concorren a estas eleccións autonómicas volvéronse a acender a faísca. Agora xa non falan de recuperar a concesión da AG-55, polo menos de forma inmediata, pero parecen descubrir un filón electoral nos miles de usuarios que circulan a diario -e pagan- pola autoestrada que une A Coruña con Carballo.
O Partido Popular intenta sacar partido da incapacidade dos socios do Bipartito para cumprir os compromisos adquiridos en anteriores contendas. «Ou 8 de xullo do 2005, en Carballo, Touriño dixo que ía eliminar a peaxe, e non ou fixo. Pero quitárona en Vigo», proclamou Alberto Sueiro no seu mitin de Carballo.
PSOE e BNG fixeron súa durante anos a bandeira da gratuidade da AG-55, e agora están pagando ese incumprimento. Os socialistas escúdanse na ampliación da concesión ata o 2045, aprobada no 2003, cando Alberto Núñez Feijoo era conselleiro de Política Territorial e tiña, xa que logo, a tixola polo mango. «Vendérona», gritou desde o seu asento un dos asistentes ao mitin do PSOE en Carballo. «Vendérona -ratificou Mar Barcón, a número 1 pola provincia-, e, como fan sempre, vendérona aos seus amigos». A súa compañeira de filas Marisol Soneira foi especialmente combativa neste asunto. «A única herdanza que nos deixou un señor que lle quere poñer nome de boi a unha vaca é a peaxe na autoestrada A Coruña-Carballo ata ou ano 2045», dixo en Carnota.
Esa ampliación do contrato entre a Xunta de Galicia, propietaria da vía, e Autoestradas de Galicia, a empresa concesionaria, tamén serviu de xustificación aos nacionalistas. Xosé Regueira cualificou a peaxe como «unha herdanza envelenada do PP, cun rescate complicado».
¿E que propoñen os partidos políticos para os próximos catro anos? Os socialistas, que parecen dar por perdida a batalla do rescate da concesión, nin sequera expuxeron a alternativa de fai catro anos: unha rebaixa gradual da taxa ata chegar á súa completa desaparición. O BNG colleu a substitución, e é precisamente iso o que propón o candidato carballés no caso de alcanzar o goberno. O PP queda só coa primeira parte, que se traduciría en «tarifas bonificadas», como as definiu Alberto Sueiro, pero sen a supresión da peaxe no horizonte. E Terra Galega vai máis aló: deixar a AG-55 tal como está e facer unha nova conexión entre Carballo e A Coruña. Talvez fose a solución.
|
|
|
|
02/01/2009
O parque empresarial avanza.
Continúa en marcha o Parque Empresarial de Zas. A Consellería de Vivenda vén de adxudicar a redacción do Plan Parcial. A empresa que realizará o Plan é ICEACSA, e dispón de 15 meses para redactar o documento, cun orzamento de 117.040 euros, algo menos que os 160.000 aprobados en agosto.
O parque terá 400.000 metros cadrados, incluidos dentro do Plan Xeral de Ordenación Municipal, algo destacable na bisbarra. O Plan Parcial terá como obxectivo a concreción das infraestruturas viarias, os sistemas xerais, a ubicación de espazos libres e a definición dos seus usos e intensidades, alén da ordenación da edificación a construír no ámbito.
A CONSELLERÍA DE VIVENDA E SOLO ADXUDICA POR 117.040 EUROS A REDACCIÓN DO PLAN PARCIAL PARA O DESENVOLVEMENTO DO PARQUE EMPRESARIAL DE ZASImage
* A empresa adxudicataria dispón dun prazo de 15 meses para a elaboración deste documento.
Santiago de Compostela, 26 novembro 2008.- A Consellería de Vivenda e Solo, que dirixe a nacionalista Teresa Táboas, adxudicou por 117.040 euros a redacción do Plan Parcial para o desenvolvemento do Parque Empresarial de Zas. A empresa que resultou adxudicataria, ICEACSA, dispón dun prazo de 15 meses para redactar este documento de planeamento.
O Concello de Zas conta con Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado e cunha reserva de solo industrial nunha área de 400.000 metros cadrados, polo que a redacción e tramitación da figura urbanística necesaria é o Plan Parcial. Nese sentido, o Parque Empresarial desenvolverase nese ámbito previsto, situado nunha posición estratéxica dende o punto de vista das infraestruturas viarias da comarca ó ter acceso dende a conexión da Vía de Alta Capacidade Carballo-Cee na AC-552 e tamén dende a AC-404.
O obxectivo do Plan Parcial é a concreción das infraestruturas viarias, os sistemas xerais, a ubicación de espazos libres e a definición dos seus usos e intensidades. Ademais o Plan Parcial plasmará a ordenación da edificación a construír no ámbito, que neste caso se refire a un ámbito de uso industrial. |
|
|
|
25/11/2008
A Liga fuma Rubio

Aqui vos copio, un texto escrito polo xornalista Guillermo Parga, que a min me fixo traer as vagoas os meus ollos, e di así:
"Unha das primeiras persoas que coñecín no fútbol da Costa foi Martín Souto Ferreiro, Rubio (abaixo á dereita), un rapaz de 24 que hai case tres anos me dixo algo que nunca esquencín e que, co paso do tempo, deixou máis que demostrado: "Gústame vivir a tope a vida". Hai quince meses tivo unha proba de fogo a ese credo cunha lesión que sobrecolleunos o corazón a todos, que fixo que a Costa, tanto futboleira como social, volcárase cun xogador que a piques estivo de estropearse a vida en tódolos sentidos polo único pecado de loitar un balón.
A base de constancia Rubio emperrouse en que o seu último gol non podía ser nunha primeira eliminatoria de Copa contra o San Lorenzo, non era o seu estilo. Os médicos desaconselláronlle volver a xogar, pero non o coñecían. Debuxounos un sorriso a todos voltando na Copa do ano pasado e agora está a deixar patente que o triunfo da vontade é capaz de deixar en anécdota unha baixa como a de Mario Toja. O domingo remachou ese ciclo cun gol que sacaba ó San Tirso do liderato, que lle daba ó Zas un triunfo despois dun mes de sequía e, sobre todo, premiaba a insistencia de quen merece todo aquelo que se propoña. Desde aquí a miña mañor loubanza para este neno inquieto que desafiou un destino inxusto."
O resto da nova é un resumo do acontecido nesta xornada:
Desgraciadamente o romantiscimo morre aí, porque por desgracia a Primeira Rexional cada vez esperta unha maior sensación de pesimismo. So no caso dun equipo da Costa pode darse o feito de levar oito semanas sen perder, visitar ó peor equipo da Liga (porque polo menos entre os tres peores seguro que está) e caer cun estrépito impropio dun campeón da zona. O peor da derrota do Cee en Ribeira non foi o resultado, senón a sensación de equipo desarmado, sen recursos e superado absolutamente en todos lados. Fallou todo o que ata o de agora sostiña o sistema. Oxalá sexa somentes un accidente, pero ese é o puntiño competitivo e de irregularidade ó que sempre lle achaco o fracaso para cotas superiores dos nosos.
Por exemplo, seguramente, o Sporting Ciudad é individualmente o equipo máis xustiño da Liga. Compite consciente diso, pero fai da súa humildade unha bandeira de loita. Con 2-0 en contra no minuto 85, foi quen de levarse un punto de Meirás, campo onde moito hai que sudar para facelo. Creo que non andaría moi desencamiñado se digo, por exemplo, que a maioría dos nosos representantes, con moitísima máis calidade calquera deles ca o Sporting, tería xa baixado os brazos para entón.
Por exemplo, Lamela seguramente é un dos campos máis impropios para o Soneira. De terra, con arbitraxes hostiles... Sen embargo, dúas visitas a Lalín (Silleda e Lamela) e dúas derrotas, ademáis dunha xeira de tres partidos perdidos dos últimos catro. É unha mágoa cando, na miña opinión, o deste ano é o ascenso máis asequible en moito tempo. Esa relación Soneira e Sporting Ciudad váleme para o partido Dumbría-Bertamiráns. Un grande vido a menos e un pequeno crecido. Polo menos, van dúas semanas seguidas puntuando.
Co canto peor que é o Mugardos deste ano, co canto peor que xoga respecto a outras temporadas e coa máis que irregular liña defensiva que ten, o equipo de Cata (un galáctico no banco) empeza a non fallar e da máis sensación de forza ca nunca. E o do ascenso o digo porque non se ve un equipo sólido e imposible de botar abaixo nesa parte alta: San Tirso, Orillamar... Demasiados ídolos con pes de barro ós que lle pesa a responsabilidade. O peor de todo é que nós mesmos facémosnos a competencia e a guerra.
|
|
|
|
 |
|
|